A feira de videoxogos E3 cancélase por 4º ano consecutivo
xoves, 30 de marzo do 2023
Nas últimas
semanas soubemos que as principais
compañÃas do sector do videoxogo non Ãa ter unha presenza oficial no Centro de
Convencións de Los Angeles onde se celebrarÃa a feira E3 no mes de xuño, polo
que o retorno do evento a un formato presencial puro parecÃa perigar, en boa
medida porque a meirande das compañÃas consolidou os seus formatos en liña para
realizar os seus grandes anuncios de xeito independente (sen ter que competir
pola atención do público e os medios), e finalmente a Entertainment Software
Association tivo que renderse á evidencia e na
páxina web oficial do E3 publicaron unha mensaxe anunciando a cancelación total
da feira, tanto en formato fÃsico como dixital.
Aseguran que van avaliar o futuro desta cita, pero resulta evidente que sen a
presenza dos xigantes do sector un grande evento non é economicamente sustentable,
e a presenza nun evento presencial deste tipo resulta cada vez máis difÃcil de xustificar
economicamente.
Cómpre salientar que a cancelación da feira en 2020 e 2021 por mor da COVID-19
non parece ser a causa desta crise, xa que a feira levaba perdendo pulo moitos
anos, e as grandes compañÃa tamén levaban varias edicións reducindo
paulatinamente a súa presenza en favor a eventos de seu. Que en 2022 non se
puidese realizar unha edición presencial do E3 xa era un sinal das dificultades
que existÃan para recuperar o evento, e agora constátase que a situación
poderÃa ser crÃtica, e parece bastante probable que a meirande feira de
videoxogos do mundo no volva celebrarse nunca máis.