AMTEGA e FEGAUS renovan a oferta formativa na rede CeMIT cun programa de seminarios en liña

xoves, 27 de maio do 2021 S. P.

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco da súa xa histórica colaboración coa axencia AMTEGA (a federación é aliada do Plan de Inclusión Dixital de Galicia), organiza un novo programa formativo-tecnolóxico con tres itinerarios que contan con 19 seminarios online duns 60 minutos de duración con contidos orientados a fomentar o uso da tecnoloxía por parte dos nosos maiores e mostrar ao detalle as vantaxes do dixital na súa vida cotiá.
Segundo confirmaron as dúas entidades, este novo ciclo de seminarios retransmitirase por vídeo-conferencia coa colaboración da Rede CeMIT a través das súas aulas, co fin de conseguir un maior achegamento ao territorio, “sobre todo no ámbito rural onde as necesidades formativas son máis notorias”. Porén, as persoas interesadas contan tamén coa posibilidade de seguir esta formación de xeito online dispoñendo igualmente co asesoramento dos dinamizadores das aulas no proceso de alta e conexións ás sesións. Amais, tamén terán a posibilidade de aumentar estes contidos formativos a través do acceso a unha videoteca onde poder visualizar os seminarios xa retransmitidos e os realizados en colaboración coa Xunta de Galicia para poder complementar súa a formación.
Os contidos formativos, preséntanse mediante emisións en directo a través de Internet con conexións grupais desde as aulas CeMIT que participen na iniciativa para a asistencia de xeito presencial e as sesións terán un carácter interactivo podendo trasladar dúbidas ou consultas durante o transcurso de calquera actividade.
Os 3 ciclos que se impartirán versarán sobre as seguintes temáticas:
• Dinamízate: Arte e cultura a través de Google, creación de álbums dixitais, organización de vacacións, xadrez online...
• Rural TIC: Como Internet das Cousas revoluciona a agricultura, loT para aproveitar oportunidades no sector gandeiro, tecnoloxías para mudar o futuro do rural, casas prefabricadas con impresión 3D,...
• Voluntariado TIC: Ideas para facerte voluntario/a dixital, competencias dixitais clave ou solidariedade na época dixital.
FEGAUS e AMTEGA destacan unha das grandes novidades desta iniciativa, que é a entrada en xogo, a través do programa de Voluntariado TIC, dun reto de voluntariado tecnolóxico que se lanzará aos asistentes cun premio final onde se sorteará un vale de Amazon de 50€ para todos os participantes que rexistren a 3 persoas na aplicación de Canal Sénior ou na plataforma de fegaus.canalsenior.es. Así mesmo, para participar no sorteo que se realizará na sesión do vindeiro 18 de xuño en directo, será necesario cumprimentar un formulario cos tres correos electrónicos que se inscribiron grazas a esa iniciativa.
Estas actividades son gratuítas e emitiranse durante os meses de maio a setembro (agás en agosto onde non haberá programación) en horarios de mañá de 10:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:00 horas.
Para a formalización das inscricións para participar de xeito presencial é recomendábel poñerse en contacto cos responsábeis das aulas CeMIT participantes en cada un dos seminarios ou a través de Internet na web da rede CeMIT, sendo o único requisito esixíbel ser ou darse de alta como usuario da Rede ou, no caso de seguir os cursos desde a casa, inscribirse desde a web de FEGAUS en Canal Sénior, a plataforma de aprendizaxe coa que colabora nestas actividades, e onde calquera persoa poderá rexistrarse de balde.
Datas e horarios dos seminarios en liña
-Ciclo Dinamízate

Título: Arte e cultura da man de Google: descobre o arte de museos de todo o mundo
Data: Venres 28/05/2021
Horario: 0.30 – 11.30


Título: Crea o teu álbum en tres sesións manualidades I
Data: Xoves 03/06/2021
Horario: 10.30 – 11.30


Título: Crea o teu álbum en tres sesións manualidades II
Data: Xoves 10/06/2021
Horario: 10.30 – 11.30


Título: Crea o teu álbum en tres sesións manualidades III
Data: Xoves 17/06/2021
Horario: 10.30 – 11.30


Título: Madurescencia: A revolución das canas
Data: Xoves 24/06/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Ofertas de última hora para as túas vacacións: aplicacións
Data: Xoves 01/07/2021
Horario: 12.00– 13.00


Título: Toogoodtogo: descontos a cambio de non desperdiciar comida
Data: Xoves 08/07/2021
Horario: 12.00– 13.00


Título: Xadrez online, aplicacións de xogos de mesa online
Data: Xoves 15/07/2021
Horario: 12.00– 13.00


-Ciclo Rural TIC

Título: Como o Internet das Cousas revolucionou a agricultura
Data: Venres 25/06/2021
Horario: 10.30 – 11.30


Título: loT (Internet das Cousas) no sector gandeiro: oportunidades e desenvolvemento
Data: Venres 5/07/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Oportunidades no medio rural: sénior cohousing
Data: Venres 09/07/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Tecnoloxías que mudan o futuro rural de forma excepcional
Data: Venres 16/07/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Casas prefabricadas con impresión 3D: cando o lugar xa non importa
Data: Venres 23/07/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Repobo: territorio innovador rural: casos e ideas
Data: Venres 10/09/2021
Horario: 10.30 – 11.30


Título: Casos e exemplos de autoconsumo
Data: Venres 17/09/2021
Horario: 10.30 – 11.30


Título: Impacto da enerxía fotovoltaica na entorna rural
Data: Venres 24/09/2021
Horario: 10.30 – 11.30


-Ciclo Voluntariado TIC

Título: Competencias dixitais clave na nova entorna: desenvólveas!
Data: Venres 04/06/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Solidariedade na era dixital: aplicacións móbiles que fomentan a cooperación
Data: Venres 11/06/2021
Horario: 12.00 – 13.00


Título: Ideas para facerte voluntario dixital
Data: Venres 18/06/2021
Horario: 12.00 – 13.00

PUBLICIDADE