Último engadido : 1 de outubro do 2007.

O telemaratón de Internet da Deputación a Coruña que produce o IGADI desde o 2024 chega a súa terceira edición con moitas novidades e sorpresas por desvelar. Alba Mancebo e Miguel Canalejos serán os presentadores ao longo das 11 horas de emisión, entre as 9 e as 20h, en directo pola canle de YouTube do IGADI.

A Deputación de Pontevedra acolle o próximo mes de agosto na Aula CeMIT un obradoiro para a dixitalización das persoas maiores de 60 anos. A actividade terá lugar no dito espazo de formación tecnolóxica os días 6,7, 13 e 14 de agosto e as persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta poden xa formalizar a súa inscrición en liña.

Apple aplicou unha nova subida de prezos en Apple Music que xa está en vigor en España e no resto da Unión Europea. Trátase do primeiro incremento das tarifas do servizo de música en streaming desde 2022 e afecta ás modalidades Individual, Familiar e Estudante.

O Concello de Rianxo vai celebrar a vindeira semana un campamento dixital impulsado pola Fundación Cibervoluntarios, co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. Será entre os días 20 e 23 de xullo, na Aula de Informática do centro Sociocultural do Auditorio Municipal, con inscricións abertas en liña.

A Aula CeMIT de Carballo acolleu este 17 de xullo a clausura e entrega de diplomas do primeiro dos catro campamentos tecnolóxicos de verán organizados pola Concellaría de Innovación. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, foron os encargados de acompañar á rapazada nesta xornada de peche e entregar os recoñecementos que acreditan a súa participación.

A marca chinesa Redmagic prepara o lanzamento global da Redmagic Astra 2, unha tableta de 9,06 polgadas pensada para quen busca un dispositivo Android capaz de manter ritmos de xogo intensos sen comprometer nin o rendemento nin a estabilidade térmica. Chegará ao mercado internacional en agosto cun prezo de partida de 699 euros para o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento (por 100 euros máis inclúe 16 GB de RAM e 512 GB de capacidade).

A marca de luxo Caviar presentou Legends, unha nova colección de edición limitada dedicada a figuras que marcaron a historia recente do fútbol. A primeira serie rende homenaxe á histórica rivalidade futbolística entre Lionel Messi e Cristiano Ronaldo mediante dúas edicións exclusivas de smartphones personalizados: un Samsung Galaxy Z Fold8 para o futbolista arxentino e un iPhone para o portugués.

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, reuniuse esta mañá co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para analizar a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, nun encontro no que tamén participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García. A xuntanza serviu para constatar un elevado grao de coincidencia entre o documento elaborado pola Xunta e as propostas formuladas previamente polo CCG, aínda que a institución consultiva considera necesario concretar diversos aspectos antes de valorar plenamente a súa eficacia.

O Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) da Universidade de Vigo fixo balance da actividade xerada polo proxecto de divulgación científica Alerta Verde, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), que concluíu a súa primeira etapa tras achegar a ciencia a preto de 3.500 persoas en toda Galicia.

O dominio .gal confirmou a súa colaboración coa Internet Watch Foundation (IWF), organización internacional coa que traballa PuntoGal desde 2024 para reforzar a seguridade da comunidade galega en Internet. O obxectivo de PuntoGal é seguir avanzando na loita contra as principais prácticas fraudulentas detectadas na Rede.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) puxo en marcha o Concurso de Ideas do Xemelgo Dixital (XDG), unha iniciativa dirixida a identificar propostas innovadoras que empreguen tecnoloxías como a intelixencia artificial, a sensorización e os datos en tempo real para mellorar a xestión do territorio. O obxectivo é detectar solucións con potencial para converterse posteriormente en proxectos piloto desenvolvidos en colaboración coa Administración galega.

A carta aos accionistas de Netflix deixa claro que a intelixencia artificial converteuse nun dos piares estratéxicos da empresa, xunto coa ampliación da oferta de entretemento e o reforzo da monetización. Netflix presenta a IA como unha tecnoloxía transversal que xa está a modificar tanto a experiencia dos usuarios como os procesos internos de produción audiovisual e o funcionamento da súa plataforma publicitaria.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou este venres 17 de xullo na presentación do XII Congreso Nacional de Bibliotecas Móbiles, un encontro que este ano se vai celebrar na Cidade da Cultura, do 23 ao 25 de outubro, coa colaboración do Goberno galego. Na cita cos medios estivo acompañado por Roberto Soto, presidente da Asociación de Profesionales de Bibliotecas Móviles.

A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) abriu unha convocatoria dirixida ás produtoras audiovisuais para seleccionar a que será a primeira longametraxe de ficción coproducida de maneira conxunta polas televisións públicas autonómicas integradas na entidade. A iniciativa pretende reforzar a colaboración entre os operadores rexionais e impulsar a industria cinematográfica estatal.

O programa Competencias Dixitais Básicas concluíu con máis de 186.000 persoas no marco da iniciativa Xeración D (Generación D) a través de cursos presenciais impartidos en todas as comunidades e cidades autónomas. Impulsado por Red.es, entidade adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e IA, e cun orzamento de 45 millóns de euros de Fondos Next Generation EU, ata o pasado 30 de xuño o programa impartiu preto de 1,5 millóns de horas de formación con cursos de 8 horas de duración, sendo máis do 60% das persoas formadas mulleres.

Google anunciou o cambio de nome de NotebookLM, que pasa a denominarse Gemini Notebook. A ferramenta mantense como un servizo independente orientado á investigación e á organización de información, pero reforza a súa integración co resto do ecosistema da compañía de Mountain View, incluíndo a aplicación Gemini, a Busca de Google e novas capacidades de análise baseadas na nube.

A CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) clausurou esta semana a primeira edición do seu programa formativo de intelixencia artificial aplicada á xestión de asociacións empresariais, un proxecto pioneiro dirixido ás persoas que xestionan e administran as entidades de empresas do ámbito sectorial ou comarcal.

A Universidade da Coruña celebra estes días (ata este venres 16) un curso sobre protección de datos na empresa e nas organizacións: unha formación que reúne especialistas de referencia do ámbito xurídico, institucional e empresarial para analizar os principais desafíos da protección de datos nun contexto marcado pola transformación dixital e o avance da intelixencia artificial.

Este mes de xullo rematou o proceso de selección da décimo terceira edición do encontro pontevedrés Pont-Up Store, que recibiu 151 candidaturas para participar nas súas tres modalidades entre as que se escolleron as 48 propostas empresariais, que van participar neste encontro, que se consolida como “un dos mellores termómetros do emprendemento galego”, en palabras da organización.

Un ataque informático contra Suno deixou ao descuberto parte da infraestrutura interna da popular plataforma de xeración musical mediante intelixencia artificial, incluíndo información sobre as fontes empregadas para adestrar os seus modelos. Segundo a documentación obtida polo medio 404 Media, o servizo recompilou millóns de cancións, letras e podcasts procedentes de plataformas como YouTube Music, Deezer e Genius, ademais de bibliotecas de música de arquivo e recursos de son distribuídos libremente.
· Chega a súa 3ª edición o maratón en liña de galeguidades da Deputación da Coruña
· A Deputación de Pontevedra acolle en agosto un obradoiro para a dixitalización de persoas maiores
· Apple Music incremento o prezo da súa subscrición
· Rianxo acolle un campamento dixital a partir do día 20 para a rapazada
· Carballo impulsa o talento novo cos seus campamentos infantís sobre robótica, IA e ciberseguridade
· Redmagic presenta unha tableta orientada a xogar
· Messi e Cristiano Ronaldo inspiran un par de smartphones de luxo
· O Consello da Cultura valora a proposta do novo Plan da Lingua
· O videoxogo de divulgación científica de Alerta Verde (CINTECX) chegou a máis de 700 estudantes
· PuntoGal reforza o seu compromiso cunha Internet máis segura xunto á IWF
· AMTEGA busca ideas para aplicar os xemelgos dixitais á xestión do turismo e do medio rural
· Netflix recoñece o uso da IA xenerativa en centos das súas producións
· As televisións autonómicas españolas queren coproducir un filme conxuntamente
· Red.es forma a máis de 186.000 persoas en competencias dixitais básicas, 13.500 en Galicia
· NotebookLM pasa a chamarse Gemini Notebook
· A CEO clausura a 1ª edición do seu programa de IA para asociacións empresariais
· Pont-Up Store selecciona 48 revolucionarias candidaturas para a súa próxima edición
· Unha filtración confirma que Suno adestrouse con millóns de cancions dispoñibles en liña
· Moss dá o salto da VR a unha experiencia de xogo tradicional
· Cinco novos artistas incorpóranse á plataforma galega Atalaia
· Google deberá abrir Android a asistentes de IA alleos
· Gradiant medrou un 20% en 2025, superando por primeira vez os 17 millóns en ingresos
· Digi debuta nas bolsas españolas
· Gears of War: E-Day en PC tirará proveito das tecnoloxías de nVIDIA
· López Campos entrega á RAG a proposta do novo Plan de Normalización
· xAI demanda un usuario de Grok por usar a IA para crear imaxes sexualizadas
· Unha enxeñeira de ITG desenvolverá no MIT solucións de robótica avanzada