As Ray-Ban Meta estrean novos estilos e avanzan en prestacións
mércores, 23 de abril do 2025
O mesmo dÃa no que se anuncian novidades nas funcionalidades das Ray-Ban Meta en paÃses europeos a compañÃa de Mark Zuckerberg anuncia novas combinacións de cores para a montura Skyler. Unha das máis salientable é a Skyler Shiny Chalky Gray con lentes Transitions Sapphire, perfecta para quen prefira un deseño tipo ollo de gato, en tons neutros pero cun toque de cor. Tamén están dispoñibles opcións máis clásicas como Skyler Shiny Black con lentes G15 Green ou con lentes transparentes.
Tamén confirman que a función de tradución en tempo real, que estaba en acceso anticipado nuns poucos paÃses, pasa a estar dispoñible dun xeito máis amplo, facilitando a tradución en inglés, francés, italiano e español incluso sen conexión á Internet (de ter descargado antes o paquete dos idiomas que queiramos traducir), de xeito que o usuario das lentes escoitará no seu idioma a tradución do que diga un interlocutor que poderá ler na pantalla do smartphone a tradución do que di o usuario que emprega as Ray-Ban Meta.
Outra das novidades das lentes é que en breve permitirá enviar e recibir mensaxes, fotografÃas e chamadas de Instagram, dun xeito semellante a como facÃa con WhatsApp e Messenger.
As funcións que polo momento non se sabe cando chegarán a España son as de acceso directamente a certas aplicacións musicais dende as lentes (Spotify, Amazon Music e Shazam) e poder conversar en vivo coa IA mentres esta pode ver o que temos diante (como xa podemos facer actualmente con Gemini dende o móbil).