Avowed estará en Game Pass dende o primeiro dÃa
mércores, 4 de decembro do 2024
Obsidian Entertainment está a ultimar o xogo de rol en primeira persoa Avowed, do que veñen de dar numerosos detalles sobre o seu sistema de combate e as posibilidades das decisións dos xogadores, como un xeito de lembrar que o tÃtulo ten previsto o seu lanzamento para o vindeiro 18 de febreiro, con versións para Xbox Series X|S e para PC, apuntando que dende o primeiro dÃa estará dispoñible para os subscritores de Game Pass Ultimate e PC Game Pass.
Cómpre salientar que a versión de Avowed que estará incluÃda no Game Pass será a estándar, existindo unha versión Premium que ofrece acceso anticipado de até 5 dÃas, un lote de aspectos adicionais, acceso ao libro de imaxes e á banda sonora do xogo. AÃnda que o normal é que esta edición Premium sexa a que adquiran os que mercan o xogo fóra de servizos de subscrición, tamén é posible adquirir estes elementos como unha actualización á venda de xeito independente por 24,99 euros (estando dispoñible esta opción para Xbox e PC de adquirir o xogo directamente nas tendas en liña de Microsoft).