Clair Obscur: Expedition 33 supera o millón de copias vendidas
luns, 28 de abril do 2025
O xogo Clair Obscur: Expedition 33 está a converterse nunha das grandes sorpresas da tempada, pois non só estamos ante un xogo de rol por quendas desenvolvido en Francia, senón que tamén está a recibir unhas crÃticas moi positivas (ten actualmente entre un 90 e un 93 sobre 100 en Metacritic) e ser un grande éxito de vendas.
Os seus responsables aseguran que o xogo superou o millón de copias vendidas nos seus tres primeiros dÃas, terÃa superado os 120 mil usuarios simultáneos en Steam e, aparte de todo iso, contarÃa tamén con moitos milleiros de xogadores subscritos ao Game Pass de Xbox.
Inspirado esteticamente na Belle Époque francesa, Expedition 33 propón unha viaxe fantástica e escura nun mundo no que o tempo corre en contra dos protagonistas. O xogador acompaña a Gustave, Maelle e outros expedicionarios nunha misión desesperada por deter o ciclo de morte imposto pola misteriosa Peintresse, unha entidade que condena a humanidade a desaparecer de forma inminente.