empresas
Balidea implanta a flexibilidade horaria e estende o teletraballo ao 100%
A empresa tecnolóxica Balidea vén de implantar no seu seo a flexibilidade horaria integral, co fin de estender a metodoloxía segura do teletraballo ao cen por cen entre o seu equipo de traballadoras e traballadoras.
Ler máisSenseitrade e ABANCA darán forma a unha innovadora plataforma de investimento
Os días pasados deuse a coñecer unha interesante iniciativa galega do ámbito das finanzas TIC (o chamado fintech). Estamos a falar do proxecto conxunto da firma Senseitrade, centrada en avaliar e mostrar tendencias de bolsa a través da información a gran escala, e a entidade ABANCA para desenvolver unha innovadora plataforma de investimento. En virtude deste (...)
Ler máisVitae organiza en abril a 37 edición do seu curso sobre xestión de proxectos áxiles con Scrum
Vitae Consultores prosegue nesta inminente primavera achegando formación dende a súa aula virtual, de gran interese para todo aquel profesional (tecnolóxico ou non) que queira ampliar os seus coñecementos sobre os cada vez máis vixentes (e urxentes) métodos áxiles para o desenvolvemento de proxectos. Entre outros cursos, Vitae convoca a 37º edición dunha (...)
Ler máisVitae ofrécenos recursos para converternos en expertos en comunicacións e presentacións
Vale que a información é importante, pero tamén é importante como se expresa esa información, como metela nas palabras, nas frases, nos tempos e nas pautas axeitadas. A ciencia das comunicacións eficaces e eficientes vén de antigo, pero está perfectamente vixente para o ámbito das novas tecnoloxías, onde a complexidade dos termos a utilizar obríganos a redobrar (...)
Ler máisAs vantaxes de Microsoft 365 na nosa empresa, ao detalle nun curso de Vitae en abril
Vitae Consultores vai organizar este mes de abril a segunda edición da súa actividade formativa Microsoft 365 na empresa, na que se mostran aos asistentes todos os detalles e todo o potencial desta solución de produtividade e colaboración na nube que, segundo salienta a consultora galega, ofrece unha ampla gama de ferramentas e servizos de gran valor tanto (...)
Ler máisBalidea desenvolve a plataforma Green AI para o Programa Nacional de Algoritmos Verdes
A empresa tecnolóxica Balidea, con sede principal en Santiago de Compostela, está a levar a cabo o deseño e desenvolvemento do software para a construción da plataforma Green AI, un proxecto crave dentro do Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que dará cobertura a todas as súas (...)
Ler máisSIVSA fornece máis de 5.000 novos ultraportátiles para os colexios de Abalar
A empresa galega SIVSA, histórico referente tecnolóxico na nosa terra (foi fundada en 1987), está a abastecer os nosos colexios públicos con equipamentos avanzados para seguir impulsando e ampliando o concepto de aula dixital, un fornecemento que anunciamos a finais de 2017 dende Código Cero salientando a cifra de computadores a subministrar: 14.600 (...)
Ler máisVitae organiza en abril un curso CDS de sobre a guía de boas prácticas ITIL
A consultora galega Vitae organiza en abril (os días 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18) o curso ITIL 4 Specialist: Create, Deliver and Support (CDS). Terá 20 horas de duración e desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo. O curso CDS de ITIL forma parte da última versión, ITIL 4, que é un conxunto de prácticas de xestión de servizos de (...)
Ler máisQuobis acolleu a presentación dun proxecto para optimizar a industria con tecnoloxías intelixentes: o proxecto COMPORT
Este martes 14 celebrouse no Porriño a presentación dun proxecto para estender as tecnoloxías disruptivas no ámbito industrial. A cita foi no Porriño, nas instalacións da empresa tecnolóxica Quobis (Polígono da Granxa), co-responsábel do proxecto en cuestión, COMPORT (COMmunications for Process Optimization in Real Time), subvencionado pola axencia GAIN (Axencia (...)
Ler máisVitae móstranos como recoller os mellores froitos das nosas xuntanzas de traballo
Partindo da base de que unha das claves do éxito dunha empresa é a boa comunicación existente entre os seus integrantes, e de que nada mellor que facer xuntanzas periódicas para estreitar esas ligazóns de comunicación, Vitae Consultores vai organizar os días vindeiros unha nova edición (a segunda) do seu Curso Reunións Áxiles con Scrum, Axilidade Avanzada, unha (...)
Ler máis