empresas
O Grupo Euskaltel conseguiu 11.300 novos clientes no segundo trimestre de ano
Euskaltel presentou o balance da actividade do grupo de telecomunicacións, do que forma parte a galega R, durante o segundo trimestre do ano. Entre os datos máis destacados figura o relativo á súa capacidade para “facer mercado”, que guindou cifras récord en medre de clientes (11.300 novos), en rendibilidade e máis en beneficio neto (que aumento un 50%). Os (...)
Ler máisR e APD renovan o seu traballo conxunto a prol da transformación empresarial
R vén de renovar o seu acordo coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD), entidade de ámbito estatal que ten unha longa e rica bagaxe en formación, divulgación e networking ligado ás novas tecnoloxías, a Industria 4.0, a intelixencia nos negocios e a transformación dixital. Na renovación da alianza, formalizada na sede da operadora na Coruña, participaron (...)
Ler máisA galega Serinfer presenta en Madrid a nova versión do seu revolucionario sistema de xestión para concesionarios
Serinfer, empresa TIC do Grupo Alvariño especializada no desenvolvemento de software de xestión para o mundo do motor, presentou o 31 de xaneiro sen Madrid a última versión do seu sistema de xestión documental (DMS polas súas siglas en inglés) para o traballo diario dos concesionarios, Serauto 7.0. Segundo informa o Clúster TIC Galicia, do que forma parte (...)
Ler máisTelefónica equipará á Confederación de Empresarios de Pontevedra co seus máis avanzados servizos
Telefónica e a Confederación de Empresarios de Pontevedra veñen de xuntar forzas para mellorar o servizo da entidade ás empresas e á cidadanía. Trátase dun acordo que inclúe entre outras cousas a dotación dos máis avanzados recursos tecnolóxicos para as sedes da CEP en Vigo e Cambados, que tamén estarán protexidas con sistemas de Movistar Prosegur (...)
Ler máisCONGALSA lanza web de novos produtos saudábeis para o consumidor dixital: Ibercookfunfood.com
A empresa de alimentación CONGALSA, con sede de operacións na Pobra do Caramiñal, encara esta recta final do verán con novidades relevantes ligadas á innovación e ás tecnoloxías. Así, logo de ser recoñecida por segundo ano consecutivo no Informe Ardán da Zona de Franca de Vigo (nas categorías de empresa xeradora de riqueza e empresa innovadora), a compañía de (...)
Ler máisA galega Docuten pecha unha rolda de financiamento dun millón e medio de euros
Docuten, empresa que promove a dixitalización dos procesos administrativos a través dos servizos de sinatura dixital, factura electrónica e automatización de cobros, pechou unha rolda de financiación de un millón e medio de euros.
Ler máisCINFO amosa na Feira IBC de Amsterdam as súas avanzadas solucións de vídeo na nube
Entre os vindeiros 9 e 13 de setembro, a firma CINFO, filial de R (o operador de telecomunicacións de raizame galega), estará presente por segundo ano consecutivo na súa caseta da Feira IBC, a gran cita das novas tecnoloxías de Amsterdam, para amosar os seus produtos máis destacados en materia de xeración de vídeo na nube en tempo real e metadatos. Segundo (...)
Ler máisBahía Software logra a xestión da imaxe médica dixital dun dos maiores hospitais de Chile
A compañía galega Bahía Software, con sede en Santiago, vén de resultar elixida para o servizo de soporte e mantemento integral do sistema de imaxe médica dixital e interoperabilidade de aplicacións do Novo Hospital de Antofagasta, un dos complexos médicos máis grandes e importantes de Chile. Con este novo contrato, a empresa galega TIC consolida (...)
Ler máisA nova operadora FibraRianxo levará Internet de alta velocidade ao último recuncho do concello
O Concello de Rianxo vén de compartir novidades acerca da súa colaboración coa operadora RedeAberta.gal, un traballo conxunto destinado a despregar unha rede neutral de fibra óptica e levar, en última instancia, Internet de alta velocidade a todas as parroquias e vivendas do termo municipal (e así rematar coa fenda dixital no concello, dinamizar o territorio (...)
Ler máisSitum pecha con éxito unha rolda de financiamento con Amadeus Ventures
A empresa galega Situm, responsábel da innovadora plataforma do mesmo nome para a localización e navegación en interiores, vén de pechar con éxito unha rolda ponte con Amadeus Ventures, o brazo corporativo de investimentos de Amadeus (empresa referente no ámbito das TIC para a industria mundial da viaxe), unha rolda de investimento na que tamén participan as (...)
Ler máis0 | ... | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | ... | 700