Fortnite estrea editor para poder crear experiencias dentro do xogo
xoves, 23 de marzo do 2023
O anticipado
Unreal Editor para Fortnite xa é unha realidade, e agora os interesados xa
poden empregar esta
ferramenta para crear xogos e experiencias dentro de Fortnite, o que
potenciará o xogo de Epic Games dun xeito sen precedentes, contando como
principal atractivo unha base de usuarios de máis de 500 millóns de contas.
Este novo editor, aÃnda en probas, conta con moitas das ferramentas de Unreal
Engine 5, de xeito que creadores e desenvolvedores de videoxogos están xa
familiarizados co contorno para poder producir experiencias que cheguen aos millóns
de xogadores de Fortnite, e como incentivo para facer tal anunciaron
Creator Economy 2.0, unha especie de bolsa que repartirá proporcionalmente
entre os creadores o 40% dos ingresos netos que se consigan das illas e as
experiencias que se fagan para o xogo.
Haberá que dar tempo para ver como evoluciona todo este novo mercado, pero
parece bastante probable que axudará a manter o pulo de Fortnite a longo
prazo, asà como tamén pode animar a moitos usuarios a dar pasos cara a
converterse en creadores de contidos para videoxogos impulsados tanto pola
diversión do procedemento creativo como pola contrapartida económica que poderÃan
recibir.