Gigabyte lanza unha actualización para que as súas placas poidan achegar máis de 500 mA por USB

mércores, 14 de abril do 2010 Marcus Fernández

Co lanzamento do iPad nos EE.UU. detectouse un problema en múltiples ordenadores: resúltalles imposible cargar o novo trebello de Apple a través de USB se o dispositivo está acendido. Ao parecer, a meirande parte das placas bases son incapaces de achegar a potencia eléctrica suficiente a través de USB para manter un iPad acendido, aínda que tendo iso en conta dende Gigabyte lanzaron un novo controlador para moitas das súas placas (tanto para procesadores Intel coma AMD) que permite cumprir cos requirimentos enerxéticos do iPad.
As placas Gigabyte para chipsets Intel X58, P55, H55 e H57 e AMD 800 habitualmente só achegan 500 mA a través de USB, pero tras esta actualización son capaces de entregar corrente adicional para permitir a utilización do iPad durante a súa carga.

PUBLICIDADE