Horizon Forbidden West chega a PC

xoves, 21 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Rematou a esperar para os xogadores de PC que querían continuar a gozar das aventuras de Aloy, e dende hoxe podemos facernos por 59,99 euros en Steam e na tenda de Epic Games do agardado xogo Horizon Forbidden West, que chega na súa Complete Edition, ou sexa, que inclúe todos os contidos adicionais do xogo de PlayStation, incluíndo a expansión Burning Shores, que continúa a historia do xogo principal.
A versión para PC do xogo supón principalmente unha mellora gráfica para quen teña un equipo de grande potencia, xa que elimina a limitación da taxe de fotogramas, engádese a compatibilidade con pantallas ultrapanorámicas con relacións de aspecto de até 48:9 (ou sexa, para poder empregar até 3 monitores panorámicos á vez) e fai uso das tecnoloxías de mellora de rendemento como nVIDIA DLSS 3, nVIDIA DLAA, nVIDIA Reflex, AMD FSR 2.2 e Intel XeSS, deixando na man do usuario a personalización dos axustes gráficos.
Este é a última incorporación de PlayStation Studios ao catálogo de xogos para PC, como xa aconteceu con títulos como Marvel’s Spider-Man, God of War, The Last of Us e Ghost of Tsushima, entre outros, deixando claro o compromiso de Sony de levar os seus xogos a un público amplo, aínda que separando sobradamente os lanzamentos de consola e PC para non prexudicar as vendas de consolas.

Tráiler de lanzamento de Horizon Forbidden West para PC

PUBLICIDADE