LG abre os seus televisiores ao xogo na nube de Xbox
mércores, 23 de abril do 2025
Xbox e LG Electronics anuncian unha nova colaboración que permitirá acceder a centos de videoxogos directamente desde os televisores conectados de LG, sen necesidade de consola. A través da app de Xbox, os usuarios poderán gozar de tÃtulos do catálogo de Xbox Game Pass Ultimate en streaming grazas á tecnoloxÃa Xbox Cloud Gaming (Beta).
A aplicación xa está dispoñible en máis de 25 paÃses para televisores LG que conten con webOS 24 ou versións posteriores (incluÃndo modelos OLED de 2022, algúns modelos de 2023 e todos os máis recentes), asà como en monitores conectados compatibles. Ademais, LG confirmou que a aplicación chegará pronto ás súas pantallas StanbyME.
Desde o Gaming Portal ou directamente desde a tenda de aplicacións de LG, os usuarios poden descargar a aplicación e iniciar sesión coa súa conta de Xbox Game Pass Ultimate. Con tan só un mando compatible, terán acceso inmediato a centos de xogos de estudios como Activision, Bethesda, Blizzard, Mojang ou Xbox Game Studios. TÃtulos populares como Avowed, South of Midnight ou o esperado Towerborne estarán dispoñibles desde o primeiro dÃa, asà como éxitos masivos como Call of Duty: Black Ops 6.
Unha das grandes vantaxes é que os membros de Game Pass Ultimate tamén poden retransmitir determinados xogos que xa posúan (como NBA 2K25 ou Hogwarts Legacy), mesmo se non forman parte do catálogo de Game Pass, funcionalidade que xa está dispoñible para máis dun cento de tÃtulos.
A aplicación integra algunhas das funcionalidades clave de Xbox Cloud Gaming, como a posibilidade de enviar ligazóns de convite para partidas na nube, cambiar de xogo sen interrupcións e empregar rato e teclado en tÃtulos seleccionados. Ademais, continúa a expansión de Xbox Play Anywhere, que permite manter o progreso nos xogos entre diferentes dispositivos.
LG, pola súa parte, destaca esta colaboración como un paso máis no seu compromiso de ofrecer unha experiencia de entretemento doméstico completa. A través dos seus televisores OLED e QNED de última xeración, a compañÃa aposta pola máxima calidade visual, cunha interface intuitiva e adaptada para xogos na nube. A resolución 4K, a fluidez da imaxe e a compatibilidade co control por mando son algúns dos elementos que fan da súa plataforma unha opción cada vez máis atractiva para xogadores de todo o mundo.
VÃdeo promocional no que dan conta da posibilidade de gozar do xogo da nube de Xbox nos televisores de LG