Microsoft sorprende cunha Windows App
venres, 20 de setembro do 2024
Para facilitar o acceso ás tecnoloxías de escritorios virtuais de Microsoft, a compañía de Redmond estrea a Windows App, unha aplicación dispoñible para Windows, macOS, iOS/iPadOS, Android/Chrome OS e navegadores web, de xeito que dispositivos de distintos factores de forma (portátiles, tabletas, móbiles...) poden acceder a escritorios de Windows remotos dun xeito doado.
A nova aplicación conta con funcións avanzadas como soporte para múltiples monitores, resolucións de pantalla personalizadas, escalado e resolución de pantalla dinámicas, redirección de dispositivos (como webcams, unidades de almacenamento e impresoras), optimizacións para Microsoft Teams e a posibilidade de identificarse con varias contas de usuarios e poder saltar entre elas de xeito doado.
Vídeo promocional da Windows App