Movistar publica o seu mapa de cobertura 5G

martes, 28 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Cando temos que elixir a compañía de telefonía móbil máis axeitada resulta moi práctico poder consultar mapas de cobertura para saber se teremos un bo servizo coas empresas entre as que estamos a elixir, e agora temos a fortuna de que Movistar decidiu actualizar o seu mapa de cobertura móbil, deixando de destacar a cobertura que chamaban 4G+ e pasando a amosar no mapa a cobertura 5G.
Deste xeito podemos saber os lugares aos que chega a conectividade móbil máis moderna, que aínda que polo momento non ofreza as grandes capacidades prometidas (xa que segue dependendo en case todo o territorio de infraestruturas 4G) supón unha garantía de cobertura a longo prazo.
Actualmente tamén teñen mapa de cobertura 5G os operadores Vodafone, Orange e MásMóvil, polo que na práctica podemos con bastante precisión con que compañía hai boa cobertura en cada punto do noso territorio. Cómpre salientar que no caso de Orange detállanse as zonas con cobertura de 5G SA, que serían os puntos nos que maior proveito podería tirar ás conexións 5G, gozando principalmente dunha menor latencia, o que supón unha importante mellor na experiencia de uso.

PUBLICIDADE