Artigos desta sección
Un novo software traduce o significado dos acenos dos bebés
Ó ollarmos para a fotografía que acompaña a este texto, semella complicado, até imposible, adiviñar o sentimento que pretende expresar cada rapaz. É probable que algún chore por fame, outros por sono, outros porque precisan un baño... e así até completar unha longa listaxe de posibles causas polas que os cativos poden chorar, desconcertando ós proxenitores, sobre (...)
Ler máisO Goberno asegura que antes do outono de 2007 fará sitio ó ñ nos dominios .es
Antes do outono de 2007, Cariño, A Coruña ou Caamaño poderían ter enderezos en Internet en dominios .es e sen necesidade de recorrer á n como medida provisional ou permanente. Isto (entre outras cousas) é o que se desprende das declaracións feitas onte domingo en Valencia pola vicepresidenta do Goberno, María Teresa de la Vela, quen estivo na cidade levantina (...)
Ler máisChegan máis estudos preocupantes sobre as consecuencias da adicción ás novas tecnoloxías
Pode que non tarde o día en que unha boa parte dos esmoleiros deste mundo tamén pidan unha axudiña para conectarse á Rede, ou polo menos así nos pintan o futuro dous estudos internacionais sobre os perigos da tecnoloxía e sobre o seu poder aditivo. En realidade, o tema non é nada novo, e en Código xa se ten falado algo sobre a cuestión, pero se cadra é certo (...)
Ler máisO FWT xa conta cunha listaxe de 300 programas gratuítos en galego
O Freeware World Team é unha iniciativa que busca catalogar programas informáticos de balde, tanto en código aberto coma en código propietario, que conta cunha categoría dedicada exclusivamente a aplicacións en galego administrada por Xosé Antón Vicente Rodríguez, que vén de anunciar que a súa listaxe acadou o número 300.Temos así unha boa referencia con 300 (...)
Ler máisDetectan un fallo de seguridade na web de La Voz de Galicia
Dende Chuza! dan conta dun pequeno fallo de seguridade na web de La Voz de Galicia no sistema que permite a visualización de vídeos procedentes do servizo de YouTube. Así, cando a web de La Voz abre unha fiestra cun vídeo, pasa como parámetros para a súa visualización un título e o código de identificación do vídeo en YouTube, o que permite unha serie de maldades (...)
Ler máisO Firefox 2.0 chegará cunha festa internacional
O inminente lanzamento do Firefox 2.0 levou á Fundación Mozilla a suxerir a organización dunha festa internacional que se celebrará o vindeiro 27 de outubro. As festas son de asistencia gratuíta (podendo os interesados apuntarse nas webs dos respectivos eventos) e incluso está xa programada unha na vila de As Pontes, da man da Asociación Informática (...)
Ler máisA poxa dun dominio de Internet chama ó debate sobre os dominios internacionais
A casa de poxas a través da Internet, eBay, tivo estes días un curioso produto a subhasta: un dominio de Internet que asemellaba o de MySpace, valéndose para tal dunha grafía cirílica. Así, муѕрасе.com era o dominio que se estaba a vender, e a un prezo bastante económico (as poxas andaban polos 300 dólares) e podería servir principalmente para facer páxinas de broma (...)
Ler máisLiveScience habilita un estudo sobre suposicións convertidas en mitos científicos (e viceversa)
O costume e a teimosía poden converter suposicións e ideas máis ou menos peregrinas en dogmas de fe, e viceversa. Unha resposta ocorrente no lugar axeitado (un bar cheo de xornalistas?) e no intre axeitado (os xornalistas están a piques de volver á redacción e teñen que levarlle algún tema candente ó seu xefe?) e o que doutro xeito parecería unha parvada acaba (...)
Ler máisA Universidade de Granada desenvolve un sistema móbil para facilitar a comunicación dos nenos autistas
As tecnoloxías da información non nos aseguran por si soas máis posibilidades de diálogo cos restantes membros da especie humana, e en moitos casos chegan a impedilo por un mal emprego (parellas sentadas nun café nunha mesma mesa falando por cadanseu móbil a quilómetros de distancia).Sexa como sexa, hai que recoñecer que hai ocasións en que se opera a milagre e (...)
Ler máisReporteiros Sen Fronteiras protesta contra o control informativo do Goberno cubano en Internet
Os Gobernos de Cuba e China, tan afastados eles, e no que se refire a cuestións coma Internet coinciden ás veces camiñando polos mesmos carreiros da censura e o control, e se cadra sen sospeitalo (e a Estados Unidos tamén lle chega, como puidemos ver hai días co caso da nena investigada por dicir cousas feas de George Bush nun foro de Internet).O caso é que (...)
Ler máis0 | ... | 42250 | 42260 | 42270 | 42280 | 42290 | 42300 | 42310 | 42320 | 42330 | ... | 42410