O CPEIG distingue á Dirección Xeral de Emprendemento co Premio Iniciativa da Administración
martes, 30 de maio do 2023
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
vai conceder o seu Premio Iniciativa da Administración á Dirección
Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, dependente da Secretaría
Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de
Galicia. Esta Dirección Xeral, de nova creación, é merecedora
desta distinción por “pilotar diferentes iniciativas de
emprendemento innovador, desde o punto de vista das TIC, a inclusión
e a igualdade”, explicou o CPEIG. O galardón será entregado no
marco da XV Noite da Enxeñaría en
Informática de Galicia, o 16 de xuño en Santiago.
Os
porqués do galardón
O
colexio tamén que a Consellería de Promoción do Emprego e
Igualdade modificou a súa estrutura hai un ano ao amparo do Decreto
123/2022, do 23 de xuño de 2022, unha norma que fixa unha Secretaría
Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, e,
dependente desta, unha Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao
Emprego.
A
entidade profesional salienta que a Secretaría Xeral participa na
elaboración das estratexias e dos plans anuais de políticas de
emprego. Tamén está na elaboración e deseño de instrumentos e
medidas que contribúan a evitar situacións de falta de estabilidade
do emprego. “En definitiva”, prosegue, “ten atribuídas a
dirección, coordinación, control e execución das competencias da
Comunidade Autónoma en materia de apoio, fomento e mantemento do
emprego, traballo autónomo, cooperativas e economía social e apoio
á integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación
de vulnerabilidade”. Ademais, da Secretaría depende a convocatoria
e execución doutras axudas ou actuacións derivadas de plans
estatais, autonómicos ou europeos para a creación de emprego, por
conta propia ou allea, e ao seu mantemento.
Por
outra banda, destácase que a Dirección Xeral de Emprendemento e
Apoio ao Emprego asume as competencias de apoio ao emprendemento
durante todas as fases da actividade emprendedora, é dicir, tanto as
actuacións necesarias para o comezo da actividade, como a súa
realización efectiva posterior, incluíndo a implantación e
mantemento, con servizos de asesoramento e mentoring. Tamén
lle compete a creación, posta en marcha, xestión directa e
indirecta e coordinación da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio
ao Emprego de Galicia; o impulso e a coordinación dos espazos de
coworking e viveiros que permitan acelerar e situar no mercado
pequenas empresas e contar cun único instrumento integrador de
empresas xeradoras de emprego de calidade.
“Esta
Dirección Xeral”, prosegue o CPEIG, “encárgase do impulso e
coordinación da creación e desenvolvemento de produtos e procesos
innovadores, no marco do emprendemento maker de Galicia, e
tamén do emprego xuvenil, así como do fomento do emprendemento no
eido educativo nas súas distintas modalidades”. A Rede ten activos
actualmente oito polos que empregan a ferramenta SIE para a análise
territorial do mercado, dos sectores e das necesidades da contorna.
A
Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Galicia ten un
enfoque innovador que aposta por proxectos de emprendemento
efectivos:
•
Identifica as necesidades e oportunidades para emprender que
presenta cada un dos territorios.
•
Detecta actividades económicas con potencial que xorden en cada
territorio para saber onde é máis efectivo emprender.
•
Fomenta proxectos que permitan desenvolver novos sectores
innovadores para dinamizar a contorna e crear sinerxías co tecido
empresarial existente.
A
Rede está composta por 15 polos (8 activos actualmente) que incluirá
un espazo de coordinación en A Coruña. Este local, que abrirá as
súas portas antes de finais de ano, disporá dunha área específica
de traballo colaborativo (coworking) adaptada para o
emprendemento de persoas con discapacidade, coas tecnoloxías máis
modernas á súa disposición, un modelo que a Xunta aspira a
replicar en toda a rede. Tamén a Rede de Polos introduce ferramentas
intelixentes para o desenvolvemento de proxectos, onde as tecnoloxías
son esencias para acadar a maior información posible para emprender.
Así, emprégase SIE, unha ferramenta de análise territorial da
contorna coa que se pode coñecer información de valor:
•
Os detalles do mercado e a estrutura produtiva do territorio no que
se quere emprender.
•
Información do sector industrial e económico no que se vai
desenvolver a actividade.
•
Oportunidades de desenvolvemento empresarial para emprender en base
ás necesidades do territorio.
Por
último, o Consello da Xunta vén de aprobar no mes de maio o
proxecto de Lei de Igualdade, que está agora en trámite
parlamentario. No texto, composto por preto de 200 artigos, faise
especial fincapé no concepto de sustentabilidade social empresarial
e a necesidade de que as empresas melloren o seu compromiso cos
equipos diversos, de xénero, pero tamén de persoas con distintas
capacidades. Tamén a Lei reforza e impulsa as accións para
incorporar ás mulleres ao sector TIC e na formación en todos os
sectores nos que están infrarrepresentadas.