O Estudo Xeral de Medios reflicte o crecemento do audio e do vÃdeo en liña en Galicia
martes, 10 de decembro do 2024
- Situación en Galicia das plataformas de vÃdeo baixo demanda segundo o Estudo Xeral de Medios nun gráfico elaborado por Avante
A axencia de medios Avante vén de realizar unha análise sobre os hábitos do consumidor en Galicia en función dos datos da 3ª onda do Estudo Xeral de Medios (EGM), destacando que o audio dixital experimentou un crecemento do 8,2%, conseguindo unha penetración do 42,2%, o que é unha posición bastante notable aÃnda que quedase por detrás da televisións en liña (64%), as páxinas web (50%) e as redes sociais (49,8%).
No ámbito dos medios tradicionais destacan que a radio mantén unha grande relevancia (cunha penetración do 57%), mentres que a prensa escrita cae un 4,3%, mentres que a televisión convencional, pese a estar en retroceso, aÃnda conta cunha penetración do 79,2%.
Os datos do EGM sitúan como medios lÃderes en Galicia á televisión (79,2%), a publicidade exterior (77,9%) e a Internet (75,7%), e salientan os crecementos do consumo de audio e televisión en liña.
No consumo radiofónico o EGM mantén como emisora xeralista lÃder á SER con 348 mil oÃntes, seguida pola COPE (163 mil oÃntes), Onda Cero (153 mil oÃntes) e a Radio Galega (117 mil oÃntes), destacando a importante caÃda desta última, que caeu unha posición ao perder 71 mil oÃntes nun ano.
No que respecta a redes sociais, Instagram medra até o 33,2%, mentres que Facebook cae até o 30,1% (perdendo o liderado) seguida por YouTube (23,5%), TikTok (17%) e X (10,9%).
E nas plataformas de vÃdeo baixo demanda Netflix consolida o seu liderado cunha penetración do 44,4%, seguida por Prime Video (35,7%), que experimenta un considerable crecemento, mentres que plataformas como Disney+ (17,3%) e Max (16,4%) teñen un alcance moito máis modesto.