O novo xogo de Indiana Jones chega a Game Pass o vindeiro luns

martes, 3 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Xa se coñece a listaxe de xogos que o Game Pass terá no mes de decembro, sendo o máis relevante sen dúbida algunha a estrea de Indiana Jones y el Gran Círculo o vindeiro día 9, que será a data na que este título chegará ás tendas e os subscritores poderán xogalo en PC, en Xbox Series X|S e a través da nube.
Pero esta mesma semana tamén chega unha boa vaga de novidades ao servizo, como son os xogos Crash Team Racing Nitro-Fueled (consola), Forza Motorsport (Xbox Series X|S), Hauntii (consola) e Humanity (consola), que chegarán o día 4, mentres que EA Sports WRC (nube, PC e Xbox Series X|S) e Overthrown (nube, PC e Xbox Series X|S) incluiranse no servizo a partir do día 5.
Outros xogos que teñen confirmada a súa chegada ao Game Pass serían Wildfrost o 10 de decembro, Carrion o 2 de xaneiro e Road 96 o 7 de xaneiro.

Tráiler de Indiana Jones y el Gran Círculo