Poio celebrará un torneo de Super Smash Bros.
luns, 27 de marzo do 2023
O sábado 22 de
abril ás 11:00 a Casa Rosada de Poio acollerá un torneo de
videoxogos organizado por Gaming Troop e o Concello de Poio que contará
cunha bolsa de 300 euros a repartir entre os 8 primeiros clasificados (recibindo
o primeiro clasificado 130 euros).
Durante esta xornada que durará até as 21:00 poderase competir ao xogo Super
Smash Bros. Ultimate, asà como tamén gozar do xogo de ritmo musical en realidade virtual
Beat Saber. Recoméndase aos participantes que acudan á cita co seu
propio mando.
A competición poderase seguir en directo a través da canle de Twitch de Gaming
Troop.