Prime Gaming celebra a estrea da serie Secret Level
xoves, 5 de decembro do 2024
O vindeiro dÃa 10 Prime Video estrea El Nivel Secreto (Secret Level), unha serie antolóxica animada para adultos con historias orixinais localizadas nos mundos dalgúns videoxogos moi recoñecibles. Esta serie de 15 episodios, obra dos creadores de Love, Death + Robots, busca ser unha celebración dos xogos e dos xogadores, e en conformidade con tal principio, dende Prime Gaming tiveron a ben incorporar ao catálogo de xogos para os seus subscritores varios dos tÃtulos que aparecen reflectidos na serie.
Concretamente os xogos que veñen de incorporarse a Prime son Spelunky, The Outer Worlds, Space Hulk: Deathwing — Enhanced Edition, Warhammer 40,000: Space Marine, Warhammer 40,000: Dawn of War, Baldur’s Gate II: Enhanced Edition, Neverwinter Nights: Enhanced Edition Baldur’s Gate: Enhanced Edition e Necromunda: Hired Gun, asà como a posibilidade de xogar a Mega Man 11 a través de Amazon Luna. O 12 de decembro tamén estará dispoñible o xogo Warhammer 40.000: Dawn of War II.
Tráiler de Secret Level