Qualcomm presenta procesadores para PC capaces de superar aos M2 Max de Apple

martes, 24 de outubro do 2023 Marcus Fernández

Qualcomm está a celebrar o seu cumio sobre procesadores Snapdragon, entres os que destaca o novo Snapdragon X Elite por estar dirixido a equipos informáticos que precisen dun gran desempeño, unha boa autonomía e, moi especialmente, estean adaptados ao novo contexto no que a IA é cada vez máis importante.
Os procesadores Snapdragon X Elite, que a mediados de 2024 veremos montados nalgúns ordenadores, suporán todo un salto con respecto a produtos anteriores, permitindo que poidamos ver equipos que compitan sen problema cos de Apple, xa que un dos procesadores Qualcomm Oryon podería un 30% máis eficiencia que un procesador M2 Max á mesma potencia, aínda que con este movemento a compañía ameazada non sería Apple, senón Intel, xa que estes novos procesadores tamén prometen mellor desempeño que un Intel Core i9-13980HK.
Aínda que para traballos de cálculo intensivo os procesadores x86 seguen a ser moi axeitados, cando se trata de traballar en mobilidade estes novos procesadores prometen o mesmo desempeño coa terceira parte de consumo, o que é un detalle a ter moi en conta. De cara á intelixencia artificial xenerativa tamén estamos ante procesadores moi capaces, que pode mudar o xeito no que vexamos a informática de consumo nos vindeiros anos.

PUBLICIDADE