Resident Evil 2 chega a iPhone, iPad e Mac
martes, 10 de decembro do 2024
O Resident Evil 2 que en 1998 puidemos ver na primeira PlayStation estreou un remake en 2019 para Xbox One, PlayStation 4 e PC, contando cun apartado gráfico e un sistema de control renovados, pero mantendo o espÃrito do survival horror orixinal. Esta nova versión do xogo vén de estrearse na App Store, de xeito que podemos gozar do tÃtulo en iPhone e iPad, aÃnda que a versión máis completa será a macOS, que ocupa 22,1 GB, dando a entender que estamos ante un tÃtulo comparable ao de consola.
Este xogo chega despois de que Resident Evil Village, Resident Evil 4 e Resident Evil 7 fosen considerados grandes fracasos nas plataformas de Apple, de aà que non sorprenda que Resident Evil 2 opte por lanzarse en iPhone, iPad e Mac cun 75% de desconto (até o 8 de xaneiro) de xeito que custarÃa 9,99 euros, o que pode animar a máis usuarios a darlle unha oportunidade, pois parece constatado que o público non está disposto a pagar prezos de xogo de consola en plataformas móbiles.