Suicide Squad: Kill The Justice League prepara a súa despedida
luns, 9 de decembro do 2024
O xogo do Escuadrón Suicida, lanzado a finais de xaneiro tras importantes adiamentos (estaba previsto para o ano 2022), tivo que enfrontarse a unha reacción moi negativa do público por adoptar un formato de xogo como servizo en contraste coas aventuras habituais dos anteriores xogos de Rocksteady, e tal foi o desastre que no verán chegou a ofrecerse o xogo de balde aos subscritores de Amazon Prime (e actualmente a súa edición de luxo para Xbox Series X|S véndese por 5,49 euros).
Finalmente os responsables deste tÃtulo parecen non querer alongar a agonÃa, e coa chegada o episodio 7 da súa 4º tempada, que incorpora a Deathstroke como personaxe xogable, anuncian que en xaneiro publicarán o episodio 8, que será o que poña fin ao xogo, que finalmente terÃa unha duración dun ano, en vez de converterse nun tÃtulo que aguantase anos en activo, como era a intención inicial.
O novo episodio do xogo aprovéitase para estrear un modo de xogo fóra de liña, de xeito que permitirá gozar do tÃtulo sen conexión a Internet, o que vese claramente como un xeito de preparar o terreo para o apagamento definitivo dos servidores, para o que aÃnda non se fixou data.
Temos asà que en xaneiro o xogo adoptará un estado tal que permitirá gozar da súa historia principal e das súas ampliacións sen acceso á Rede, ou sexa, que xa non serÃa un xogo como servizo, o que pode ser un incentivo para que moitos lle dean unha oportunidade a unha produción que fracasou principalmente por adoptar un modelo de negocio pouco propicio para a conxuntura actual (precisamente lanzouse cando Marvel’s Avengers anunciaba a súa despedida, tamén por apostar pola fórmula do xogo como servizo).