Unha actualización de software evitará os problemas de quecemento dos novos iPhone
luns, 2 de outubro do 2023
Nas últimas semanas
emerxeron numerosas crÃticas sobre os novos iPhone, sendo as máis frecuentes as
relativas ao novo marco de titanio (e o feo que poderÃa rematar ao longo do
tempo, especialmente nos modelos de cores) e a elevada temperatura que acadaban
os terminais, o que chegou
a constatarse mediante probas de laboratorio.
Cómpre lembrar que o feito de que un iPhone novo experimente temperaturas
elevadas non é ningunha sorpresa, pois é algo bastante habitual durante os
primeiros dÃas de uso, xa que os usuarios normalmente transfiren información
dende outro terminal e logo o smartphone pasa dÃas executando aplicacións en
segundo plano para optimizar o dispositivo, o que pode percibirse tanto a nivel
térmico como nun excesivo consumo de baterÃa.
Nesta ocasión, ao haber cambios nos modelos Pro, como a adopción dun marco de
titanio e o emprego dun procesador fabricado en 3 nanómetros, xurdiron rumores
de que os problemas de quecemento dos novos móbiles poderÃa ser consecuencia
dun fallo de deseño, pero Apple xa saÃu a desmentilo, e asegurou que a
causa é un fallo en iOS 17, que xa están a traballar en solucionalo.
De feito, Apple non só admitÃa fallos en iOS 17, senón que tamén apuntaba o
mencionado problema das actividades en segundo plano ao restaurar un
dispositivo e aseguraba ter detectado problemas nalgunhas aplicacións de
terceiros (como Uber e Instagram). En calquera caso parece confirmado que
estamos ante un problema real, e non ante dun dos cada vez máis absurdos escándalos
que seguen a cada lanzamento dun iPhone, e que nesta ocasión simplemente cómpre
ter que agardar uns dÃas a que se solucione a situación.
Adeus aos problemas en Francia
Algo semellante estarÃa a acontecer en Francia, onde obrigaron a Apple a deixar de vender o iPhone 12 (algo que xa non facÃa directamente, pois non venden por canles ordinarias os modelos tan vellos) por supostamente superar as emisións de radiación con respecto á normativa europea e, aÃnda que Apple non estaba conforme coas conclusións das autoridades francesas (argumentando erros metodolóxicos nas súas medicións) veñen de publicar unha actualización do sistema operativo que facilita que o iPhone 12 supere sen problema as probas ás que o someteron en Francia, dando as autoridades galas por boa a solución adoptada, de xeito que non obrigarán á retirada do dispositivo das mans dos seus usuarios.