Xbox Game Pass suma novos xogos
luns, 20 de abril do 2026
Xbox Game Pass amplÃa o seu catálogo nas vindeiras semanas cunha nova fornada de tÃtulos que combina propostas independentes, grandes franquÃas e lanzamentos dispoñibles desde o primeiro dÃa. A actualización inclúe xogos que van desde aventuras narrativas ata acción frenética, pasando por estratexia clásica e experiencias máis experimentais.
A partir do 21 de abril chegan varias incorporacións, entre elas Little Rocket Lab, un xogo de rol de construción con ton acolledor no que o xogador debe axudar a completar un foguete mentres colabora coa comunidade local. Ese mesmo dÃa incorpórase tamén Sopa: Tale of the Stolen Potato, unha aventura narrativa con compoñente emocional ambientada nun mundo máxico inspirado en América do Sur, asà como Vampire Crawlers, unha reinterpretación en clave táctica e baseada en cartas do éxito Vampire Survivors.
Nos dÃas seguintes súmanse máis lanzamentos. O 23 de abril estará dispoñible Kiln, unha proposta multixogador que mestura creatividade e combate a través de figuras de cerámica creadas polos propios xogadores. O 28 de abril será a quenda de Aphelion, unha aventura de ciencia ficción en terceira persoa desenvolvida por Don’t Nod en colaboración coa Axencia Espacial Europea, centrada na supervivencia nun planeta xeado.
O 29 de abril incorporarase Trepang2, un shooter en primeira persoa de ritmo acelerado e alto contido de acción. Xa o 30 de abril chegarán varias propostas adicionais: Heroes of Might & Magic: Olden Era, precuela dunha das sagas máis influentes da estratexia por quendas; Sledding Game, unha experiencia multixogador centrada en deportes de neve; e TerraTech Legion, que combina construción de vehÃculos e combate contra inimigos controlados por intelixencia artificial.
Finalmente, o 5 de maio sumarase Final Fantasy V, un clásico do rol xaponés no que unha historia arredor de cristais mÃsticos e destino conecta a un grupo de personaxes nunha viaxe épica.

- Final Fantasy V é todo un clásico dos xogos de rol xaponeses
