YouTube incorpora subtítulos aos seus vídeos

venres, 29 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O primeiro episodio da serie xaponesa Blassreiter xa se pode ver con subtítulos en inglés

Para enriquecer a experiencia de visualización de vídeos e axudar aos creadores de contidos a ampliar a súa audiencia YouTube incorporou a posibilidade de engadir subtítulos aos clips publicados na súa plataforma, o que pode empregarse para achegarse aos usuarios con deficiencias auditivas ou que falen distintos idiomas.
Os subtítulos poderán amosarse por defecto ou activarse premendo sobre un botón etiquetado coma CC. Tamén se poderán engadir múltiples subtítulos a cada vídeo (para poder elixir entre distintas linguas), o que podemos ver xa operativo nalgúns clips, coma un da BBC no que se pode elixir entre subtítulos en español, alemán, italiano, francés e xaponés. Usuarios de YouTube coma Gonzodoga empregan esta solución para subtitular en inglés series de animación xaponesas (e facilitar así a súa comprensión).

PUBLICIDADE