Artigos desta sección
Helio Ocean: un móbil 3G que saca proveito das súas prestacións técnicas
Se ben o anuncio do iPhone de Apple para o vindeiro verán foi recibido con certa cautela (moitos consumidores potenciais aseguran que agardarán a que apareza unha versión máis avanzada do teléfono que integre, entre outras cousas, conectividade 3G) o novo terminal de Helio está a causar sensación na Rede, pois parece que se vai converter no móbil definitivo, ó (...)
Ler máisAnuncian cómo será o Sony Ericsson P1
O teléfono intelixente P990i con sistema operativo Symbian era ata o momento un referente dentro da telefonía de Sony Ericsson, marcándose como o terminal ideal (por combinar moitas prestacións nun dispositivo de tamaño aceptable e de manexo cómodo) pero chegou o seu relevo, pois o fabricante nipón anunciou o Sony Ericsson P1, que conservando as prestacións do (...)
Ler máisZonbu: unha solución económica para achegarse á Rede
O acceso á Internet parece estar ligado irrenunciablemente ós ordenadores, que continúan a ser produtos demasiado caros para moita xente, polo que unha compañía norteamericana lanzará o vindeiro verán un ordenador de reducido tamaño a un prezo tamén moi reducido. O Zonbu contará con 4 Gb de memoria flash integrada é custará 99 dólares ó contratar un servizo de (...)
Ler máisSony lanzará novas cámaras domésticas de alta definición
Sony presentou unha nova serie de cámaras AVCHD con gravación en alta definición (que acadan as 1.080 liñas en modo entrelazado) que incorporan disco duro de ata 100 Gb o que lles permitiría almacenar ata 38 horas de vídeo. A serie HDR-SR tamén incorpora son envolvente, e no modelo SR8E conta con 100 Gb de disco duro mentres que os modelos SR7E e SR5E teñen (...)
Ler máisUn dispositivo USB permite conectarse ás principais redes móbiles de datos
A Internet móbil estase a popularizar grazas ás novas tecnoloxías e comunicación que achegan velocidades homologables coas conexións de banda larga residenciais, e para atender a tal demanda, Nova Media presentou un dispositivo USB que permite conectarse a redes GPRS, EDGE, UMTS e HSDPA, ou sexa, que soporta a práctica totalidade dos sistemas móbiles de (...)
Ler máisNovas impresoras HP con opción de aforro de tinta
As empresas tecnolóxicas non teñen parada. Dende que as autoridades e diversos grupos ecoloxistas advertiron da importancia que ten o aforro enerxético para o futuro do noso planeta, non deixan de saír ó mercado novos dispositivos que axudan (ou iso din os seus fabricantes) a preservar a capa de ozono ou a manter limpos os océanos. É por iso que, a día de (...)
Ler máisDiscos duros... e silandeiros!
A Western Digital Corp. (NYSE:WDC) vén de anunciar a súa nova gama de discos duros para produtos de gravación de audio e vídeo -un dos mercados de maior crecemento na actualidade-, deseñados para achegar meirande fiabilidade, un funcionamento máis silandeiro e un menor índice de consumo. Estes dispositivos, os discos duros WD AV de 3,5 polgadas, están (...)
Ler máisCreative Zen Stone, un duro rival para o iPod Shuffle de Apple
“Máis vale tarde que nunca” é unha expresión que sempre me están a repetir os meus avós e agora a experiencia amósame que máis acertado non se pode estar cando se emprega, coma nesta ocasión, na que Creative (por fin, aínda que un pouco a destempo) vén de lanzar ó mercado un dispositivo que compite co iPod Shuffle de Apple. Trátase dun reprodutor sen pantalla con 1 (...)
Ler máisOla a presión con pantalla LCD
Sen dúbida que ter un aparello destes na cociña dá unha certa confianza. É dicir: se finalmente estragamos o arroz con polo, non será pola nosa culpa, senón pola da condenada tecnoloxía posta ó servizo da gastronomía. Dito doutra maneira: teremos a escusa perfecta para botar balóns fóra. Pola contra, está claro que se as cousas saen ben, a responsabilidade será (...)
Ler máisA PSP poderá contar con cámara a mediados de mes
O vindeiro 16 de maio será a data elixida para o lanzamento no mercado europeo dun dos accesorios máis agardados para a consola portátil de Sony: a Go!Cam. Esta nova cámara poderase conectar á PSP e que tamén incorpora un micrófono de xeito que serve tanto para captar imaxes estáticas coma vídeo e son. A Go!Cam venderase a 49,99 euros e incluirá software para o (...)
Ler máis0 | ... | 6270 | 6280 | 6290 | 6300 | 6310 | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | ... | 6420