Artigos desta sección
Computador con pedras de Svarovski para as nais que visten o chándal con tacóns
A menos dun mes para que teñamos que esmagar os miolos coa teima de atopar un agasallo ideal para as nosas nais polo (estúpido e consumista) Día da Nai, a compañía Medion fainos (supostamente) un favor adiantándonos o que propón como “regalo perfecto” para a devandita xornada: un ordenador portátil SIM2080 Swarovski de edición limitada que (segundo afirman) “foi (...)
Ler máisA DXT anuncia o lanzamento de volantes “anti alcohol” para 2009
Xa o anunciou a mesma empresa desenvolvedora a comezos de ano: co fin de evitar que os condutores ebrios colleran o volante dos seus vehículos, Toyota tiña en mente lanzar un verdadeiro sistema de prevención de accidentes que lles impediría coller o coche a aqueles que presentaran sinais de ter consumido alcohol. Agora, a saída ó mercado deste (...)
Ler máisXa hai data para probar o iPhone: o 11 de xuño, día de apertura da WWDC
O iPhone, ese aparello que semella destinado a cambiar para sempre a feitura e o fondo do teléfono móbil, senón tamén o noso xeito de achegármonos a el (evidentemente, con máis tento que cun aparello convencional, aínda que só sexa polo que vai custar), vaise deixar tocar en breve, segundo avanza a casa fabricante Apple, que anda a dosificar os datos sobre o (...)
Ler máisAiris lanza dous novos reprodutores de DVD de 8,5 polgadas
Airis vén de poñer no mercado dous novos modelos de reprodutor de DVD de 8,5 polgadas de pantalla que semellan feitos para levar a contraria a todos aqueles que pensan que en cuestións de pantallas (como noutras nas que non nos imos meter) hai que ter sempre en conta un dos refráns preferidos polos galegos: barco grande, ande ou non ande. En definitiva, non (...)
Ler máisVertu Ferrari 1947: móbil para xente que nunca poría un chandal
Para que o imos negar? Segue existindo xente que nunca subiría a un autobús e que se colle o volante do coche é porque están doentes (moi doentes) todos aqueles que poderían facer as veces de chofer. En definitiva: segue habendo persoas que botan perfume e gomina para facer deporte. Se cadra os desenvolvementos da casa Vertu están expresamente deseñados para (...)
Ler máisMusic Sofa: música e deseño (?) nun único dispositivo
Como directamente saído dunha película do axente 007 (ou máis ben do ridículo Austin Powers), chega ós nosos fogares (dende logo non ó meu) o Music Sofa, un sillón para unha soa persoa que incorpora altofalantes en ambos flancos e que permite reproducir CDs de música directamente sen necesidade doutro dispositivo a maiores. Outra das características máis (...)
Ler máisTarxeta M2 de 4GB para teléfonos móbiles
Os teléfonos móbiles inclúen a día de hoxe grandes capacidades de memoria que deberían abondar para albergar os datos que consideramos máis imprescindibles, como as entradas da axenda, os SMS importantes ou (por que non?) os xogos cos que se nos fai máis doada de aturar a espera no dentista. Porén, as máis das veces estas capacidades de almacenamento fican (...)
Ler máisRitek Yego: tres portos USB nun único dispositivo
Por fin chega unha idea que ten algo de xeito, logo de papármonos polos ollos centos de memorias USB de deseños innovadores (case sempre horteras, todo hai que dicilo) e con funcionalidades que se materializan nunha lanterna inútil ou nun camaleón que se pasea polo escritorio ou nunha bailarina que dá voltas sobre o seu propio eixo. A idea que propoñen os (...)
Ler máisXcanvas: pantallas planas de LG para decorar a mansión
LG non ten destacado precisamente por poñer no mercado trebellos tecnolóxicos exclusivos para cenmileuristas, pero coa nova serie Xcanvas semella querer satisfacer a toda costa as arelas de todas esas persoas que mesmo lle poñen xemelgos de ouro á chaqueta do chándal. As pantallas planas das que falamos non terían máis repercusión senón fose por un detalle: (...)
Ler máisApple TV reproduce contidos directamente do PC ou MAC na televisión
Directamente chegada dende EE UU para todos aqueles que devecen cada día por seren sorprendidos polas últimas novidades de Apple, a compañía da mazá vén de presentar este híbrido entre reprodutor de DVD, iPod e PC, que pode transmitir contidos sen atrancos de por medio dende Internet na pantalla de TV. O novo Apple TV, (para sermos máis precisos), é un (...)
Ler máis0 | ... | 6290 | 6300 | 6310 | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | 6370 | ... | 6420