Artigos desta sección
StepNote NC1501, un portátil económico e respectuoso co medio
VIA Technologies e Everex, dúas empresas especializadas no desenvolvemento de tecnoloxías e solución para plataformas PC e na produción de ordenadores persoais (respectivamente), veñen de presentar o portátil StepNote NC1501, froito dun labor de traballo en equipo que amosa que se poden fabricar equipos a prezos máis ou menos razoables sen ter que renunciar á (...)
Ler máisPL-521, pantalla LCD dinamizadora de relatorios
Wacom, o fabricante líder no mercado das pen tablets e monitores interactivos de lapis, vén de presentar o seu último trebello, o PL-521, unha pantalla LCD de 15 polgadas e alta resolución XGA de 1024 x 768 píxeles, pensada sobre todo para aquelas compañías ou centros de formación que precisen facer uso de salas de conferencias e de reunións para o seu traballo (...)
Ler máisAnteollos de sol aptos para melómanos
Pechemos os ollos e imaxinemos por un instante as lentes de sol perfectas. Persoalmente, teño a idea de que para seren ideais deberían ser dun deseño moderno, de boa calidade, resistentes ós golpes, non demasiado caros e (por que non?) cun lector de MP3 integrado. Agora, abramos os ollos e comprobemos que estes anteollos xa existen. Vén de presentalos (...)
Ler máisPortátiles SOTEC: opcións a baixo prezo
Os portátiles seguen a baixar de prezo e non seremos nós os que traten de impedilo. Lonxe semellan quedar os tempos en que para mercar un computador case tiñas que pedir unha hipoteca. Ben: o SOTEC Winbook WH3313 non é probablemente a resposta punto por punto pola que moitos de nós deveciamos, pero tampouco se pode descartar de boas a primeiras, coas súas (...)
Ler máisA nova cámara dixital de Olympus atura golpes, frío e profundidades mariñas
Nos tempos que corren xa non é doado atopar unha cámara dixital que nos sorprenda. Cada vez saen ó mercado con máis millóns de píxeles e con obxectivos intercambiables que quitan o alento, por non falar das funcións de autofoco de precisión, de eliminación de ollos vermellos, de zoom óptico de gran capacidade, ou até da capacidade dalgunhas para facer que os (...)
Ler máisAtree presenta un completiño receptor de televisión dixital móbil (DMB)
Tal e como indican os responsables de PMPToday, unha nova empresa coreana coñecida como Atree vén de entrar no duro mercado das novas tecnoloxías con dous novos produtos que aparecen presentados con bombas de palenque na súa páxina web. Os devanditos produtos son o dicionario UD10, que semella ter unha feitura excelente (sobre todo para os que entenden o (...)
Ler máisCreative asegura nitidez total na súa nova cámara web
Se facemos caso do que nos di a casa fabricante (Creative) a Live! Cam Optia AF sería o aparello destas características máis avanzado do mundo. Os motivos da dita compañía para ter lanzado unha afirmación da maneira baséanse no seguinte: o trebello inclúe tecnoloxía Auto Focus (sendo a primeira vez que unha cámara web sae ó mercado con este sistema, sinala a (...)
Ler máisReprodutor MP3 para o baño (a proba de molladuras)
As duchas mornas e agradables para o corpo humano teñen estragado unha manchea de cancións. Probablemente, moitas das carreiras musicais que máis nos teñen feito sufrir nos últimos tempos a través de 40 Latino teñen o seu froito aí, nese rectángulo ou recadro de auga que cae revitalizadora. Emporiso, non é de estrañar que as empresas de todo o mundo estean a (...)
Ler máisSeudo-pistoleiros na Wii
“Aparello ben traballado” para algúns e “anaco de plástico inútil” para outros, o Sharp Shooter de Joytech non pasa desapercibido alá por onde queira que vai e esperta opinións de todo tipo (ó igual que a consola para a que foi feito, a Wii, que polo visto gusta moito na comunidade gai). O certo é que este accesorio de Joytech é un sinxelo trebello de plástico (...)
Ler máisSae ó mercado o P16, reprodutor de mp3 da empresa galega Blusens
Con tan so 46 gramos de peso e unhas dimensións moi reducidas para un dispositivo deste tipo (76 x 44 x 16 mm), vén de ver a luz o novo reprodutor mp3 de última xeración da firma galega especializada en electrónica de consumo Blusens. O P16, que así se chama a “criatura”, incorpora unha pantalla panorámica retroalumeada LCD-TFT de 1,8 polgadas e máis de 260.000 (...)
Ler máis0 | ... | 6280 | 6290 | 6300 | 6310 | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | ... | 6420