Artigos desta sección
Barra desprazadora para axustar o monitor á vista
Se ben é certo que os internautas (sobre todo os máis adictos á rede) pasamos gran cantidade de horas frente ó computador, ben sexa na oficina, na casa ou nalgún cibercafé, tamén é certo que os médicos e especialistas advirten dos males que poden carrexar para a nosa saúde este tipo de prácticas en exceso. Por norma xeral recomendan ter o monitor á altura (...)
Ler máisJu Xing H800, un móbil con moita “sona”
Que se lle pode pedir a un teléfono móbil para que sexa a última novidade do mercado actual? Con cámara de fotos xa os hai, con reprodutor de MP3 tamén, con cámara de vídeo de gran calidade tamén se atopan con facilidade, con recoñecemento de voz, acceso a Internet, calculadora, espertador, axenda, convertedor de moeda e todas aquelas funcións inútiles que nunca (...)
Ler máisCociña en miniatura para abraiar ás amizades
Non é o que parece: non se trata de fomentar que adultos feitos e dereitos volvan á nenez e se comporten como verdadeiros pailáns á hora de recibir ás visitas no fogar, convidándoas a comer bolachas de mentira e café con leite inexistente. Non: non é unha cociña de pega, é simplemente unha cociña pequena e -como non podía ser doutro xeito nestes tempos de levalo (...)
Ler máisMúsica para quitármonos un peso de enriba
Non temos nin a máis remota idea de onde os xaponeses obteñen tanta capacidade de enxeño e de inventiva; tampouco onde agochan a súa fonte de inspiración (máis cotizada hoxe en día cá mesmísima fonte da eterna xuventude), pero o caso é que o inventor deste cagadeiro, un empregado da compañía Toto (coñecida por facer “inodoros tecnolóxicos”), debe pasar tempo abondo (...)
Ler máisSun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máisFíos de aparellos electrónicos, convertidos en deseño
A tecnoloxía, definida por un neno de poucos anos, ben podería ser algo así: cousas que hai pola casa que fan ruído, que escintilan e que teñen moitos fíos nos que teño prohibido fedellar. Dito doutro xeito, que os fíos semella que non hai quen nolos quite de en medio. Perante unha realidade tan adversa, o enxeño (e a resignación) está a dar certos froitos (...)
Ler máisGTX Xplorer: botas de aventura con GPS incorporado
O GPS (o Sistema Glogal de Navegación por Satélite) xa hai tempo que aparece onde menos agardamos que apareza e para as funcións máis insospeitadas. Porén, hai unha chea de obxectos de uso cotián que se afán mellor a incluír GPS ca outros. Por exemplo: a ninguén (cremos nós) se lle vai ocorrer poñer un sistema de localización por satélite nun secador do pelo. (...)
Ler máisVision Board II: teclado para persoas con problemas de visión
Este teclado que presentamos é ideal para facilitarlle un pouco a vida a todos aqueles usuarios das redes da información que levan anos loitando con todo tipo de empresas, institucións e particulares para acadar un mundo no que non haxa que traballar ou navegar a dous centímetros da pantalla, co nariz apegado. Ben: o aparello, que ten teclas de 2,5 (...)
Ler máisUn estudo di que os homes de EE UU queren máis ó seu iPod cá súa parella
Hai unha cousa que semella non ter fin: as estatísticas parvas e sen utilidade aparente sobre as preferencias dos usuarios da Rede. Unha das máis recentes e certamente rechamantes é a que reflicte estes días Engadget e na que se informa de que o 65% dos habitantes de Estados Unidos dedica máis tempo ó seu computador persoal cá súa dona. Amais, segundo se (...)
Ler máisLG lanzará en breve un reprodutor dual de HD DVD e Blu-ray
No eido da tecnoloxía (e noutros eidos seguro que tamén), unha das teimas máis preocupantes das empresas e insistir día tras día no moito que están a traballar polo noso benestar, por facernos a vida máis doada e agradable. Porén, moi poucas se preocupan de darlle unha saída sostible e axeitada ós seus produtos unha vez que xa non cumpren a súa función (os países (...)
Ler máis0 | ... | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | 6370 | 6380 | 6390 | 6400 | ... | 6420